Home Programas Espazo Aberto Galicia en Común chama a que “ningún voto progresista quede na casa”

Galicia en Común chama a que “ningún voto progresista quede na casa”

0
Galicia en Común chama a que “ningún voto progresista quede na casa”

A coalición Galicia en Común-Anova-Mareas presentouse este mércores ante a prensa a través do exalcalde de Compostela, Martiño Noriega, a líder de Esquerda Unida, Eva Solla, e o candidato á Xunta e secretario xeral de Podemos-Galicia, Antón Gómez-Reino. Na comparecencia, destacaron a importancia desta alianza entre as diferentes forzas políticas como unha “responsabilidade histórica” e unha proba de “cambio” no país. Para Gómez-Reino, esta candidatura garante que “ningún voto progresista quede na casa” polo que se consideran “imprescindibles para o cambio no país”.