Galicia desaparecida do debate do Estado da Nación

Feijóo e o seu goberno desvían a ollada a Madrid e ás cuestións internas dos partidos dunha oposición que atopou zonas de acordo

O agardado Debate sobre o Estado da Nación defraudou. Enriba da mesa estaban os problemas serios que ten o noso país en materia de sanidade, emprego, medio ambiente, lingua e por outro a postura dun presidente que non quixo tratalos polo miúdo e preferiu ollar cara si mesmo ou cara outras “zonas de confort”.

Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza, explica a Nós Televisión que o presidente da Xunta dedicouse a “falar de si mesmo” e recuperar temas como “o Xacobeo” nun “formato cómodo· de debate” no que respondía a toda a oposición en conxunto e sen límites de tempo. Por outro lado, Mexuto opina que, en clave de futuro, notáronse na oposición algunhas “zonas de acordo” que ben poderían chegar a ser “alternativas de futuro”.

Outro dos xornalistas que seguiu este debate para Praza Pública, David Reinero, coincide en sinalar a desaparición do país do pleno máis importante do Parlamento galego. Apunta a que mesmo o PP votou a favor de máis propostas da oposición que noutras ocasións aínda que con pouco valor no total das que se aprobaron na sesión de hoxe.

O Debate en cifras

Se contabilizamos o debate en cifras, éste rematou con oito acordos unánimes e máis de medio cento de resolucións aprobadas, delas, 40 do PPdeG.

Das 160 iniciativas, mantivéronse 37 do PPdeG tal e como as presentou, mentres que a reforma do Senado e a convocatoria da Conferencia de Presidentes modificáronse para contar co apoio do PSdeG.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego