Home Programas Espazo Aberto Galicia deixou ao 17,64% das persoas dependentes sen a súa prestación

Galicia deixou ao 17,64% das persoas dependentes sen a súa prestación

0
Galicia deixou ao 17,64% das persoas dependentes sen a súa prestación

As persoas dependentes aumentan e cada vez son máis as que teñen problemas para recibir unha prestación. Agora CCOO denuncia que mesmo unha alta porcentaxe daquelas que teñen dereito a unha axuda non a perciben.

Este sindicato asegura que ata un 17,64 % das persoas dependentes non recibiron en 2017 a prestación a que tiñan dereito. Este dato descubriuno logo dunn exhaustivo estudo que presentou en Compostela a secretaria de Emprego e Previsión Social, Maica Bouza Seoane, e a economista do sindicato Silvia Parga Rodríguez.

“Aínda que quedan moitos retos por afrontar”, sinalan. Entre eles, o das listas de espera, tanto para recibir unha resposta á petición de prestación, o prazo máximo xeral é de seis meses, pero non sempre se cumpre, como para percibir a prestación a que se ten dereito.

A investigación realizada por CCOO analiza con detalle cuestións como a evolución das solicitudes rexistradas, das solicitudes pendentes de avaliar, do número de persoas dependentes con dereito a prestación e das que efectivamente a reciben. Outra das materias ás que presta moita atención é o emprego no sector da atención á dependencia.