O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe en rolda de prensa a renovación da área de xogos infantís do parque de Galeras. Segundo apuntou o edil, as obras comezarán cando as condicións climatolóxicas o permitan. O parque contará cunha característica enriquecedora, xa que estará habilitado para nenas e nenos con diversidade funcional.
E… como será o parque infantil?
.@xanduro foi o encargado de explicar como será a renovación da área de xogos infantís do parque de Galeras https://t.co/9Fe8VcPxZM pic.twitter.com/pRGgySlpxO
— Nós Televisión (@NosTelevision) March 1, 2017
Xan Duro indicou que, nas vindeiras semanas, presentarase tamén o proxecto do parque infantil de Meixonfrío. Ademais, explicou que estanse preparando os pregos doutras dúas áreas de xogo: a de Outeiro, a de Sar e a do parque de Vite. No parque de Galeras investiranse preto de 75.000 euros.