Moi axiña

As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo. Berenice, a última muller da casa das Xanas, vai ser xulgada. Xúlgase o seu xeito de vida, o seu ser. Xúlgase a ela e ás mulleres que a precederon. A ela e ás mulleres que comparten a súa forma de entender e estar no mundo.

Máis #UniversoGalaxia

video

Por puntos

Manuel Portas
Ver
video

Receitas pequerrechas

Rocío Garrido
Ver

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria

Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas