Home Programas Espazo Aberto Galaxia recupera dous traballos de Antonio Fraguas

Galaxia recupera dous traballos de Antonio Fraguas

0
Galaxia recupera dous traballos de Antonio Fraguas
Presentación de "Do tempo e dos astros"

Galaxia continúa coa súa laboura de recuperación de textos fundamentais para historia de Galicia e nesta ocasión presentou o volume de Antonio Fraguas “Do tempo e dos astros”, un traballo que reúne dous textos de caracter etnográfico de díficil acceso do autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

“Do tempo e dos astros” conta coa obra “O culto aos mortos”, unha conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e “Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular”, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense.

O libro, de formato pequeno e cunha tirada de 3.000 exemplares, conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019.

O criterio seguido para publicar estes textos, segundo explica Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, foi botar man de dous textos “moi apartados no tempo, por unha banda o culto aos mortos, e por outro a preocupación polo tempo e os astros na crenza popular”. Mália a distancia no tempo ambos traballos manteñen a “coherencia” no pensamento de Fraguas.

A venda ao público deste volume terá un prezo popular de 10 euros.