Cartel da Gala Djunta Mô

Desde hai décadas, unha gran comunidade migrante procedente de Cabo Verde aséntase en Burela, debido a relación que ambas zonas teñen coa pesca, e concretamente coa pesca de altura. Para conmemorar esta relación, o vindeiro sábado 28 de decembro ás 20h, na Casa da Cultura de Burela terá lugar a primeira gala solidaria Djunta Mô (xuntar as mans, axudarse unhas a outras). Esta gala busca recadar fondos para enviar un contedor de material escolar e sanitario a Porto Mosquito (Santiago, Cabo Verde) e tamén homenaxear ás mulleres caboverdianas, matriarcas dos seus na diáspora de Burela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As actuacións

Rosalía Castro presentará o evento, que contará coa participación das Batuko Tabanka, acompañadas polo grupo burelense-caboverdiano Banda Krioula, e dun grande número de artistas convidadas: Guadi GalegoUgia PedreiraLola de RibeiraMoreninhas e Álex Djimmy. Este último é o fillo dun mariñeiro residente en Burela con problemas de visión, a quen a organización espera poder axudar coa súa situación médica.

Tanto a gala como o resto de actividades que se realizarán durante a semana previa (obradoiros de batuko, audiovisual, fotografía, gastronomía, muralismo…) están organizadas polo Colectivo Cultura Tabanka coa colaboración do Concello de Burela, do Observatorio da Mariña pola Igualdade, da Asociación Cultural Fanto Fantini e da ACIA Burela. A entrada é un bono axuda de 10€, que tamén se pode mercar incluso se non se pode asistir á gala.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -