O pasado luns A Estrada festexou o San Paio mais solidario cun partido benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro, no que se enfrontaron políticos contra empresarios coa colaboración de deportistas, como o entrenador do Pontevedra, Luisito, e artistas como Saly Torres, Manquiña ou Cañita Brava.
Os motivos do encontro
A idea do encontro xurdíu de Lucia Seoane como homenaxe persoal a Teresa e Susi, da Comisión da Festa dos Callos de Matalobos, e en xeral a todos os que sufriron esta enfermidade. Teresa acudira en Decembro ao programa “Ti Verás” co pai de Lucía, onde parte do premio fora doado a AECC, desgraciadamente faleceu recentemente por culpa desta enfermidade.