Home Programas Área Compostela A Fundación Granell volve a homenaxear a Valle-Inclán coa colocación da bufanda

A Fundación Granell volve a homenaxear a Valle-Inclán coa colocación da bufanda

0
A Fundación Granell volve a homenaxear a Valle-Inclán coa colocación da bufanda

Compostela homenaxea a Valle-Inclán lembrando o seu retorno a Galiza. A Fundación Granell vén realizando desde o ano 2007 varios actos de conmemoración da relación do escritor galego coa súa terra. Hoxe volveu a lucir a bufanda vermella na súa escultura na Alameda compostelá.

No acto de hoxe realizáronse varias lecturas de textos do escritor

A Fundación Granell prepara para o verán novas actividades como un roteiro polos lugares composteláns do escritor e unha exposición monográfica nas salas da propia institución na Praza do Toural. O director do Museo de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González Millán, explicou como sería este roteiro.

No acto tamén participou o Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade quen salientou a actualidade da obra de Valle-Inclán e o seu reflexo na cidade.

A homenaxe a Valle-Inclán estará acompañada dunha serie de charlas sobre o autor impartidas por varios expertos.