Freixanes, sobre o pacto pola lingua: “Este país é especialista en dicir que si e logo non facer nada”

O presidente da RAG afondou na necesidade de exercer a vontade de decidir o futuro da lingua, na dobre normativa ou na "impostura do galego".

Víctor Freixanes fala da necesidade clara dun pacto polo galego: “Nunca houbo tantos recursos potenciais de calidade e coñecemento da lingua, pero ao mesmo tempo hai uns problemas e desafíos nas sociedades contemporáneas e na galega que non podemos ignorar, á marxe do que pase nunhas eleccións”.

Lembra tamén que non é un tanto unha cuestión de recursos como de ter vontade e un horizonte común: “Temos que exercer a vontade do que queremos facer co noso idioma.”

“O galego non pode ter dúas normas”

O presidente da RAG tamén descartou a opción dunha dobre normativa e avogou polo cumprimento da Lei Paz Andrade. Sinalou o risco de que o galego remate converténdose nunha lingua litúrxica, en referencia ao distanciamento entre o galego da rúa e o galego empregado nalgúns sectores por “quedabéns”, como acontece na política institucional: “cando apagan os focos e pasan automáticamente ao castelán, a sociedade percibe esa impostura de que están representando algo que non teñen, e provocan que a sociedade se distancie.”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego