Francesco Tonucci levará a súa proposta da cidade dos nenos e as nenas a toda Pontevedra

O pedagogo italiano Francesco Tonucci, acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o vicepresidente da mesma institución, César Mosquera, presentou na sede provincial a súa exposición “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato”. Esta mostra, que se inaugurará no Pazo da Cultura o día 28 de abril, estará aberta ao público ata o día 11 de xuño. Para a Presidenta da Deputación a presenza de Tonucci e a exposición en Pontevedra é todo un revulsivo polo que fixo un chamamento á cidadanía para que aproveiten esta oportunidade.

“Nacín debuxante, son investigador por casualidade”


Tonucci visita hoxe Vilanova de Arousa, Cambados e O Grove; o mércores Ponteareas e Tomiño e o xoves impartirá unha conferencia no Museo de Pontevedra sobre “A autonomía das nenas e dos nenos: unha necesidade para eles, un recurso para a escola e a cidade”, e o venres inaugurará a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”, ás 17:30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -