O PP de Santiago presentou esta mesma mañá na Xunta de Portavoces unha declaración institucional na que defendeu que o alcalde de Santiago non fose informado das actuacións que se levaron acabo onte na cidade pola Policia Nacional. O seu portavoz, Agustín Hernández informou que a acción xudicial non foi precipitada e ten lóxica que acontecera agora. Na súa intervención obviou os cidadáns feridos onte e preocupouse polo estado en que se atopaban algúns policias.
Agustín Hernández (PP): “Era un local privado ocupado ilegalmente […] onde se facían actividades sen ningún soporte”
O voceiro do PP definiu o Escárnio como un “local privado ocupado ilegalmente” onde, entre outras cousas, tamén se vendía alcohol pic.twitter.com/J1ZI7Nslkl
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 de mayo de 2017
Paco Reyes tamén rexeita a “deslealdade institucional” do Goberno civil
Polo seu lado, o portavoz municipal do PSdeG-PSOE en Santiago, Paco Reyes, tamén criticou as declaracións do alcalde en relación aos incidentes que aconteceron onte na capital de Galiza. Reyes calificou de “insuficiente” a proposta de declaración institucional do PP e afirmou que se se confirma que o goberno civil non informou ao concello sobre as actuacións de onte estaríamos diante dunha “deslealdade institucional”
O voceiro do PSOE, Paco Reyes, asumiu; "de entrada", que a actuación policial foi "correcta" https://t.co/Wzi7GrZVSR #EscarnioSomosTodas pic.twitter.com/Jc0YlWdqkB
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 de mayo de 2017
O Bloque resalta que o conflito era “evitable”
Para o BNG, a actuación policial foi “desmesurada”
O grupo municipal do BNG de Santiago fixo saber a través dunha nota de prensa que considera que “a actuación policial foi desmesurada sen que se esgotasen previamente outras vías de diálogo para a resolución do conflito”. Ademais considera “totalmente inaceptábel o tapiado realizado con bloques de formigón nun edificio catalogado e pertencente a un conxunto declarado Patrimonio da Humanidade e rexido por unha normativa que se lle aplica ao conxunto da veciñanza recollida no Plan Especial da Cidade Histórica, tremendamente estrita a este respecto”. Por último condenan o feito de que non houbese ningunha comunicación da Delegación do Goberno ao Concello de Santiago das actuacións que ían realizar.