O Fórum Metropolitano da Coruña acolle a mostra de Eloy Alonso, artista asturiano, realizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) baixo o nome ‘Fosas do esquecemento’.
Á presentación acudía a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, que sinalou a importancia da exposición de Alonso como unha extraordinaria ferramenta para divulgar unha situación que non forma parte do pasado, “xa que aínda hai moitísimas persoas que non coñecen o lugar onde se atopan os restos dos seus familiares represaliados na ditadura”.
A exposición de Eloy Alonso é un reflexo do drama que aínda viven milleiros de persoas. A exposición cedida polo fotógrafo asturiano explica de maneira gráfica unha parte dese traballo: a recuperación dos restos mortais das vítimas da represión franquista, visualizado como un lugar onde se mesturan os sentimentos e as emocións. A exposición consta de vinte imaxes de 60×40 cm en soporte ríxido e dunha fotografia dunha fosa realizada en vinilo colocada no chan.