A quinta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade, chega a Forcarei. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa desa localidade, Belen Cachafeiro, e pola deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistirá ao á intervención que terá lugar no Salón de Actos del IES Chano Piñeiro ás 13:30 horas.
Antia Otero
A protagonista da acción artística nesta ocasión será a actriz e poeta Antía Otero, que presentará en Forcarei a súa acción poética “Palabra en adival”, unha obra que fala do traballo e da vida das mulleres. Nada na Estrada, Otero gañou como poetisa o VII Certame Francisco Añón con “De porta un horizonte”. A súa obra pode lerse tamén en publicacións colectivas como “Novas de poesía”, “17 poetas” (Fundación Uxío Novoneyra) ou “De cantares hoxe”.
Esta edición comezou en novembro de 2017 e novamente se celebra este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).