Fóra: O documental que narra a loita contra ENCE

Hoxe ás 21.00h no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar a estrea de "Fóra"

Fóra é un proxecto audiovisual que pretende recompilar a historia da oposición ao complexo das factorías de Ence e Elnosa na súa actual localización.

O documental dá voz aos principais protagonistas da oposición a Ence desde as súas orixes ata hoxe. Ofrece decenas de documentos inéditos e o testemuño de moitas persoas que participaron na loita contra as factorías.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Fóra ofrece o testemuño dos protagonistas da oposición a Ence desde todos os ámbitos: político, institucional, xudicial, asociativo ou cultural, así como de representantes de colectivos e persoas que desenvolveron iniciativas de tipo persoal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -