Desde Esquerda Unida, continuando unha campaña impulsada polas xuventudes comunistas o pasado 17 de outubro, comezan unha loita contra a invasión de casas de apostas nos nosos barrios.
Será unha campaña de concienciación, tanto da sociedade como sobre todo das Administracións Públicas. Recalcan que cousas como acordos entre a Xunta e empresas como Luckia para facilitar o emplazamento destes locais van en contra da saúde pública, e que precisamente por isto deberíase revisar a lexislación sobre a publicidade das apostas e a dos programas de prevención e tratamento da ludopatía.