Home Programas Área Compostela A Folga Educativa Xeral mobiliza á comunidade educativa

A Folga Educativa Xeral mobiliza á comunidade educativa

0
Manifestación masiva en Compostela © Compostela Aberta

Novamente, dúas mobilizacións

Organizacións sindicais de alumnas e alumnos, pais e nais e profesores saíron, esta mañá, para manifestarse contra o Goberno pola LOMCE e os recortes no ensino. Compostela sumouse ao parón nunha multitudinaria protesta que se dividiu en dúas convocatorias e que tivo como orixe a Alameda.

[vc_video link=”https://youtu.be/3mnflkPnQf4″]
[vc_text_separator title=”Apoio do BNG e de En Marea”]

Nas mobilizacións desta mañá quixemos conversar tamén coas deputadas Olalla Rodil e Ánxeles Cuña, do BNG e de En Marea respectivamente.

As alumnas e alumnos tamén amosaron o seu rexeitamento cara a progresiva degradación que, na actualidade, está a vivir a educación no noso país. A xornada de mobilizacións foi convocada pola Plataforma galega en defensa do ensino público e a Plataforma en defensa do ensino público. Os sindicatos cifran o seguemento en por volta dun 90%.

Mobilización na Coruña

As cámaras de galizacontrainfo, pola súa banda, acompañaron tamén ás mobilizacións da comunidade educativa coruñesa na xornada de hoxe e achégannos imaxes das dúas manifestacións que tiveron lugar tamén nesta mañá.

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=JNiBW8rRT74″]