Flow no camarín

Rachando estigmas no rap, o trap e a regueifa

O rap, o trap, a regueifa ou o reguetón son expresións nacidas do pobo; e como case todo o que xorde de abaixo cara a arriba, e non ao revés, foron xéneros estigmatizados.

É machista o rap? É aburrida a regueifa? Desmontamos mitos (e algunhas medias verdades) coa rapeira A Rabela, coa regueifeira Lupe Blanco, cos Boyanka Kostova e con Camel Blando.