Fin de semana de estreas en Nós Televisión!

Desmontamos mitos da música popular e viaxamos ata Barcelona con Suso de Toro nunha mesma fin de semana

A equipa de Nós Televisión volve ter programada unha fin de semana de estreas! Este sábado será a quenda da publicación da reportaxe semanal que xira arredor da estigmatización das músicas de base popular como é a regueifa, a rap ou o trap galegos.

O domingo estrearemos o primeiro capítulo de ‘Conversas no Sant Jordi‘, un programa no que Suso de Toro lévanos de viaxe a Barcelona e introduce na casa das figuras máis emblemáticas de Catalunya. Este domingo entramos na casa do mesmo Paco Ibáñez.