Festas no Ensanche: os días 21 e 22 de Setembro

Música, xogos populares, un torneo de xadrez ou o sorteo de cheques de compra nos comercios do barrio

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou hoxe no Pazo de Raxoi o programa de festas Vivindo o ensanche. O programa está organizado pola asociación veciñal Raigame e conta coa colaboración do Concello. As festas chegan xa a súa cuarte edición, sendo unha proposta plenamente consolidada e contribuindo a facer comunidade.

O Presidente da asociación veciñal Raigame, Xosé Manuel Durán, entende que o que é máis importante nunha cidade nos son as estructuras, senon que son as persoas, e que grazas a estas festas tamén se contribúe a facer barrio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O obxectivo último destas Festas é crear comunidade

Actividades

Unha das propostas máis chamativas é o xogo “De rúa en rúa”, no que se van a sortear 10 cheques de 100 euros para compras nos establecementos colaboradores, para elo só hai que cubrir un cuestionario.

O Venres 21 de Setembro haberá unha mesa redonda en torno a figura de Rosalía de Castro no Centro Cívico do Ensanche as 18h, e un taller de prensa para escolares tamén no mesmo centro. O Sábado 22 será o gran día das festas, coa Final do Torneo de Xadrez, a actuación da orquestra Pantasma ou un Polbeiro, todo elo na Praza Roxa.

Programa completo de actividades

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -