Home Programas Espazo Aberto Ferrolterra afianzase como destino turístico

Ferrolterra afianzase como destino turístico

0
Ferrolterra afianzase como destino turístico

Os datos do Instituto Galego de Estatística son ben claros: o indicador de noites por destino da comarca de ferrolterra pasou de 332.581 en 2014 a 394.966 en 2017.

Estes números son os que presenta o concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, para responder ás críticas do PP en relación á promoción exterior da cidade. O propio edil asegura que, cos datos que ten do que levamos de ano, o aumento seguiría.

Material turístico

Basterrechea considera este sector como “estratéxico” e sinala o material turístico promocional co que conta na actualidade o seu departamento para dar a coñecer Ferrol ao visitante.

Na actualidade Ferrol dispón de dúas oficinas de turismo. Nelas, e noutros puntos estratéxicos como aloxamentos turísticos ou outras oficinas do Xeodestino, distribúense diversos folletos que tratan desde os atractivos que se poden visitar a nivel de arte e historia (Castelo de San Felipe, as edificacións da construciónnaval, a Meninas de Canido, museos, …) ata os lugares de natureza e praia.

Datos do IGE. IC

Turismo “slow”

A Concellaría de Turismo aposta polo denominado turismo “slow”, unha tendencia que xurdiu orixinalmente na gastronomía e que reivindica a lentitude como sinónimo de calidade.

A entrada de turistas na cidade, segundo informan desde turismo, ten relación con actividades deportivas como o surf, os cruceiros e a cada vez máis importante acollida que ten o camiño inglés. Ademais Ferrol aposta polo turismo de congresos e agarda que a candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO sexa o lanzamento da cidade a nivel mundial.