A necesidade de recuperación do Ferrol Vello entra dentro das prioridades do actual goberno municipal. O Concello anunciou que remitirá a Xunta de Galicia unha proposta para incluír 21 edificios sitos nesa zona da cidade no programa Rexurbe, deseñado coa vontade de recuperar e revitalizar os cascos históricos galegos.
A Concellería de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación propón ao Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS) 21 edificios dos que a meirande parte, o 86% (18 dos 21), están localizados na zona cualificada como área 1 ou prioritaria do programa.
No caso de Ferrol Vello, esta área 1 de intervención prioritaria abrangue as rúas Paseo da Mariña, Benito Vicetto, Carme Curuxeiras, Merced, San Francisco, Argüelles, Murillo, Río Novo e Rastro e Virxe, estas dúas últimas parcialmente.
Outro tres dos 21 inmobles está en zona 2, as segunda as dúas áreas identificadas na convocatoria Rexurbe para Ferrol Vello. Estes inmobles non están suxeitos a ningunha carga, física ou xurídica, conforme ao indicado na resolución do IVGS. 19 dos 21 son de titularidade privada, un da Xunta e outro do Concello.