A oceanógrafa Ángeles Alvariño contará deste ano cun recoñecemento máis á súa traxectoria: un novo premio de investigación en Ferrol levará o seu nome. Anunciouno hoxe o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, en rolda de prensa.
O edil explicou que este novo galardón premiará as Ciencias Sociais e Xurídicas e sumarase aos xa existentes que teñen como obxectivo apoiar e impulsar a investigación en Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias, Artes e Humanidades e Ciencias da Saúde.
Basterrechea anunciou tamén que este ano mudan e pasan de ser en vez de por medio dun convenio coa Universidade da Coruña a ser unha colaboración por cuestións de legalidade.
A Oceanógrafa que rematou nos EEUU
María de los Ángeles Alvariño González nacera en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial como investigadora nun buque británico.
Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps. Morreu nese país en 2005.
Os premios
A convocatoria dos premios terá un carácter bianual e a súa estructura será a seguinte: Premio González Llanos (ámbito da Enxeñaría e da Arquitectura), convocado en anos pares; Premio Ángeles Alvariño (ámbito das Ciencias), convocado en anos pares; Premio Concepción Arenal (ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas), convocado en anos impares; Premio Enxeñeiro Comerma (ámbito das Artes e das Humanidades), convocado en anos impares e Premio Antonio Usero (ámbito das Ciencias da Saúde), convocado en anos impares.
Unha vez se abra, o prazo para a presentación de traballos permanecerá aberto ata o 28 de setembro. Para máis información e consulta das bases pode visitarse a web habilitada ao respecto: www.ferrol.gal/premiosdeinvestigacionconcellodeferrol