Ferrol en Común será a entidade anfitriona do III Encontro municipalista galego e que terá lugar o vindeiro 30 de xuño e que pretende ser un novo punto de encontro coa vista posta nos desafíos do vindeiro ano electoral.
#FerrolenComun feliz de ser anfitriona das mareas compañeiras no III encontro municipalista galego o día 30 Xuño ! Cara o #horizonte2019 con ilusión e forza !#haimareas30x pic.twitter.com/sFlXHfsprT
— Ferrol en Común (@ferrolencomun) June 12, 2018
“Aspiramos a transformar as nosas vidas” é o lema deste novo encontro que pretende activar ás bases do municipalismo galego e continuar cos debates que previamente se teñen dado en Ourense e Santiago; cidades organizadoras dos anteriores encontros. Co obxectivo de actualizar as axendas municipais e de profundizar as vías de colaboración entre as mareas locais, Compostela Aberta organizou o II encontro na nosa cidade.
Arquivo: Compostela Aberta impulsou o II Encontro municipalista
«Sumando esforzos a prol do ben común»
Un encontro que chega pouco despois do terceiro aniversario da chegada ao goberno das chamadas mareas municipalistas a Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela tralas municipais de 2015. Así é, trátanse de xuntanzas participativas de diálogo e actualización das vías de colaboración entre as mareas municipalistas.
Temos unha cita en Ferrol para construír xuntos municipios libres de corrupción, máis xustos, máis igualitarios, máis ecoloxistas e onde os seus habitantes sexan o centro da actividade política. #Horizonte2019 #HaiMareas30X pic.twitter.com/HlR1F1GgZb
— Podemos Galicia (@Podemos_Galicia) June 12, 2018