Home Programas Espazo Aberto Ferrol acolle a presentación do documental “A ameaza do cobre”

Ferrol acolle a presentación do documental “A ameaza do cobre”

0
Ferrol acolle a presentación do documental “A ameaza do cobre”
Cartaz do evento

Continúan as proxeccións públicas do noso documental sobre a mina de Touro producido por Tingaralanga Audiovisual. Logo do seu paso por Compostela, A Coruña e, entre outros, Carballo, chega a Ferrol.

O Ateneo Ferrolán exporá mañá o documental desde as 19:30h no seu local situado na Rúa Magdalena 202. Do mesmo xeito que nas ocasións anteriores, a proxección estará acompañada dun debate aberto con familiar afectadas polo proxecto mineiro que ameaza a comarca.

Xosé Bocixa (As Encrobas, 1967) dirixe ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario en que se mergulla na resposta veciñal ao macroproxecto que quer reactivar as antigas minas de cobre. Dá voz a veciños, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.