Ferreiro sobre o peche de Alcoa: “Hai que reaccionar rápido”

O rexedor iniciou unha rolda de contactos e puido falar coa xa ministra de Industria, o delegado do Goberno en Galicia, a alcaldesa de Avilés e o director da planta, así como co comité de empresa

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, cualificou esta mañá de “golpe moi duro ao emprego e á actividade industrial da cidade” o anuncio do peche da fábrica de Alcoa do municipio. “É algo que non nos podemos permitir”, afirmou. Por iso, o rexedor púxose adisposición dos e das traballadoras da planta “para o que precisen” e contactou co comité de empresa para expresar o seu apoio e “comezar a deseñar unha fronte común de actuacións en defensa do emprego e da continuidade da fábrica”.

O alcalde ponse a disposición dos e das traballadoras de Alcoa

Ferreiro estendeu a necesidade de manter unha postura unánime ás Administracións da Xunta e do Estado e todos os partidos políticos. Como primeiro paso para acadalo, o rexedor informou que convocará mañá mesmo aos grupos municipais a unha comisión de voceiros e voceiras co obxectivo de celebrar no menor prazo posible un Pleno extraordinario que aborde este anuncio. “Agardo que, de maneira unánime, o Concello da Coruña se posicione en contra deste peche e busque solucións á continuidade da empresa”, indicou

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Imaxe de Arquivo: reunión de Ferreiro con parte do comité de empresa

Cómpre estar unidos

O alcalde iniciou tamén unha rolda de contactos a este respecto e xa mantivo conversas co comité de empresa, o director da fábrica, a alcaldesa de Avilés, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e coa ministra de Industria, Reyes Maroto, á que lle trasladou a vontade do Concello de crear unha fronte común. Ferreiro poñerase tamén en contacto co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. “Hai que reaccionar rápido porque é moito o que nos xogamos. Cómpre actuar e cómpre estar unidos nisto porque a decisión se toma moi lonxe da Coruña, de Galicia e do Estado e cómpre facer forza para poder reverter este tipo de decisións”, afirmou.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -