Ferreiro molesto porque a Xunta está a “deseñar A Coruña sen contar coa Coruña”

O alcalde enterouse pola prensa dun acordo entre Xunta e Fomento para mercar algúns dos terreos do litoral

Feijóo non conta coa opinión do actual goberno municipal da Coruña. O alcalde desta cidade, Xulio Ferreiro amosouse moi molesto ao enterarse pola prensa dos pasos que está a dar o executivo galego en relación ao futuro dos terreos da fachada marítima. “Non hai unha proposta concreta”, indicou Ferreiro a preguntas da prensa, “estase ninguneando á cidade da Coruña”.

Hoxe mesmo o presidente da Xunta asinaba co ministro de Fomento e o presidente de Portos do Estado un protocolo para o desenvolvemento dos terreos portuarios da cidade, acto ao que non se convidou a ningún representante do goberno coruñés.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -