Días despois dos incidentes que tiveron lugar no desaloxo da CSO A Insumisa o suceso segue a ser noticia. A narración do sucedido aquel día está a cuestionarse e a participación da policial local xunto coa asusencia de efectivos da policia nacional comeza a explicarse. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto á concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, relataron en rolda de prensa que ocurriu aquel día. O alcalde ten claro que hai cuestións sen aclarar no acontecido aquel día.
“Quen fala de descoordinación na recuperación do espazo da Comandancia debería explicar por que as forzas de seguridade estatais se retiraron do lugar o mércores pola mañá antes de celebrarse unha concentración na que se produciron feitos que todos e todas lamentamos”. O rexedor asegurou que solicitaron a presencia policial con tempo e que logo foi retirada polo que tiveron que solicitalo outra vez.
A concelleira foi maís alá e sinalou que “a coordinación entre a Policía Local e a Policía Nacional se leva a cabo de forma habitual sen ningún problema e sen que nunca fose necesario enviar un fax para requirir ningunha colaboración”.
Ataque á sede da Marea Atlántica
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quixo responder hoxe ao ataque que sufriu a pasada semana o local da Marea Atlántica. “é un acto inxustificable que o único que buscaba é amedrentar e xerar intranquilidade, e que só representa a acción illada dun grupo de persoas illadas”, asegurou en rolda de prensa.
As obras comezarán en breve
Xulio Ferreiro indicou que as obras do proxecto das Naves do Metrosidero “o ideal é que empecen canto antes, planificadas xa co Ministerio de Fomento e coa empresa”. Por este motico o concello e o Ministerio están en contacto permanente para asinar á maior brevidade a acta de replanteo necesaria para acometer as obras.