Home Programas Espazo Aberto Ferido grave un traballador de Reymogasa, contratista de Alcoa, considerada responsable da morte dun operario en 2017

Ferido grave un traballador de Reymogasa, contratista de Alcoa, considerada responsable da morte dun operario en 2017

0
Ferido grave un traballador de Reymogasa, contratista de Alcoa, considerada responsable da morte dun operario en 2017

Os accidentes laborais graves repítense na empresa de Reymogasa, empresa contratista de Alcoa. O máis recente tivo lugar este luns cando un traballador resultou ferido de gravidade tras queimarse traballando, segundo os datos que lle facilitou a empresa a La Voz de Galicia. Desta volta, o accidente tivo lugar no departamento de Dixestión, na planta de Alúmina. Con todo, non se trata dun accidente laboral illado. En 2017, un traballador faleceu tras ser esmagado por unha ponte de 200 toneladas. Logo de realizar as correspondentes pescudas, Inspección de Traballo responsabilizou ás empresas Aluminio Español SL e a auxiliar Reymogasa do falecemento do operario na mesma planta de San Cibrao por falta de coordinación segundo divulgou o comité de empresa. Polo de agora, descoñécense as causas do accidente laboral ocorrido esta semana.