Home Espazo Aberto Feminismos ‘Feminismos 4.0’, a nova cátedra da Universidade de Vigo

‘Feminismos 4.0’, a nova cátedra da Universidade de Vigo

0
‘Feminismos 4.0’, a nova cátedra da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo contará coa cátedra ‘Feminismos 4.0’ na que se acollerán as investigacións sobre as violencias machistas ao mesmo tempo que servirá para espallar a figura de referentes femininas. Á presentación acudiron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade.

Carmela Silva asegurou sentirse “emocionada” e “orgullosa” pola posta en marcha da cátedra “Feminismos 4.0” nun acto “que é o máis importante no que vou participar como presidenta neste 2019”. Deste xeito, a presidenta asegurou que a cátedra vai permitir “que a provincia de Pontevedra se converta nun referente en Igualdade”.

Cátedra ‘Feminismos 4.0’

A directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, asegurou que a cátedra ‘Feminismos 4.0’ vaise converter no espazo destinado “ao fomento do pensamento crítico e feminista na sociedade dixital”. Gómez afondou na importancia do mundo dixital na sociedade actual, na presenza residual de mulleres no ámbito tecnolóxico, no machismo dixital, no carácter sexista dos algoritmos, nas censuras ou en novas formas de violencia sexual. Fronte a elo, a directora da Unidade de Igualdade amosou o seu desexo de que “a cátedra axude a hackear o patriarcado, formando persoas expertas que dende o feminismo esperten o sentido crítico da cidadanía e transformen o mundo nunha realidade máis xusta”.