Dúas das tres sindicalistas multadas por realizar piquetes no marco da folga do 8M terán que acudir o martes da semana que vén aos xulgados de Fontiñas, en Compostela. A terceira feminista multada aínda se atopa pendente de xuízo. Coincidindo co xuízo, convocan unha concentración de apoio ás feministas para as 10 horas ante os xulgados e animan a levar “material subversivo” á convocatoria, como o incautado no 8M: bridas, tizas, panos, etc. Dende o sindicato CUT denuncian que as identificacións realizadas pola Policia Nacional contra as súas afiliadas non foron arbitrarias e ve “represión política” na imposición de multas a tres das súas afiliadas no marco da folga xeral do 8M.
Inicio Feminismos
‘Feminismo que incomoda, feministas multadas’. Concentración en apoio ás feministas multadas pola folga do 8M
A concentración coincide co xuízo en contra das tres sindicalistas da CUT no marco da folga do 8M