Esquerda Unida ven de presentar as súas Xornadas Nacionais da Muller que se levarán a cabo co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, baixo o título “Feminismo para mudalo todo“. Levaránse a cabo as tardes dos días 8, 20 e 22 de marzo na Coruña, Vigo e Ourense respectivamente, e acollerán as problemáticas da fenda salarial, das traballadoras do mar e da corresponsabilidade.
Vendo a escea política actual, a Coordinadora da Área da Muller do partido, Raquel Bernárdez, quixo chamar a atención sobre como o éxito do 8M do ano pasado espertou un “ataque ao feminismo dos sectores máis conservadores” e a “aparición dun pseudofeminismo encabezado por discursos da dereita”. Ante isto, Esquerda Unida quixo manter a súa posición de “darlle voz aos colectivos de traballadoras galegas que están en loita”, que será o foco principal destas Xornadas.
Deste xeito, a coordinadora nacional de Esqueda Unida, Eva Solla, reiterou a importancia do Día da Muller Traballadora, e que “non se nos pode esquecer que o 8 de marzo ten a reivindicación laboral de dereitos e de desigualdade económica por diante”. Tamén comentou que “o feminismo é un movemento que loita tamén contra a violencia económica” e que polo tanto “nunca vai a poder estar vinculado a algo non sexa a loita contra o capitalismo“