Felipe VI “participará” mañá na Marcha Cívica para reclamar a casa de Cornide na Coruña

A Plataforma Defensa do Común convocou un acto reivindicativo para esixir a devolución do inmoble aos Franco

A acción reivindicativa sairá da Praza de María Pita a partir das 12:30 horas e dirixirase ao histórico edificio. Segundo un comunicado da propia organización a marcha terá un carácter humorístico posto que nela participarán “o xeneral Franco, a súa dona, Carmen Polo, e o rei Felipe VI, que serán interpretados, respectivamente, polos actores e actrices: Fernando Morán, Isabel Risco e Moncho Iglesias; estarán acompañados polo alcalde Alfonso Molina e o empresario-benefactor da Coruña Pedro Barrié de la Maza”.

Ricardo Vales, membro da Comisión Aberta, explica a Nós Televisión que a idea deste acto é “dar a coñecer como se expoliou esta casa por parte dos Franco dunha maneira lúdica e ao mesmo tempo presionar para que se cumpla o que aprobou o Pleno Municipal no mes de xaneiro”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -