Comezou unha nova edición do Festival máis tradicional do mes de agosto, o Feito a man. A organización agarda ter unha boa acollida como sucedeu outros anos, se a climatoloxía o permite. Ánxeles Porto, desde a Praza de Cervantes onde hoxe actuou o Valentín Caamaño Trio, explica o segredo deste evento: conectar á xente cos artistas.
Ánxeles Porto ten claro que a idea coa que naceo o Feito a man, e que que continúan a levar a cabo, é levar fóra a cultura que realizan todo o ano nos locais e o turismo descubra a cidade.
“Queremos que o turismo en Compostela non sexa só cinco voltas ao redor da Catedral“
Conversamos hoxe con Ánxeles Porto, do @festfeitoaman https://t.co/GRhiiWikhH "Hai cercanía entre os artistas e a xente" pic.twitter.com/3zzzN6pxIJ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 4 de agosto de 2017
Esta fin de semana o Feito a man traerá o sábado a Tras San Fiz de Solovio, un concerto da Compañía do Ruído, á Vía Sacra a actuación de Kyekyeku e á praza de San Paio de Antealtares actuación de Pardo. O domingo haberá un concerto sorpresa na praza dos Gatos.
https://nostelevision.gal/que-escoitar-no-feito-man/