Feijóo, “suspenso” no curso 2017/18 pola comunidade educativa

A CIG-Ensino lamenta a "incomparecencia" do presidente da Xunta ante os problemas da Educación pública

Se Alberto Núñez Feijóo fose un escolar, non gozaría plenamente das súas vacacións de verán polos resultados do seu curso académico. A CIG-Ensino “suspende” ao presidente da Xunta nas diferentes materias que afrontou estes meses no tocante á comunidade educativa. Cuestións coma os “descontos por enfermar”, os “ataques á lingua galega”, a “atención á diversidade” ou a negociación salarial provocaron, alén das súas múltiples “faltas de asistencia”, o seu suspenso.

- Publicidade -
O sindicato apela directamente a Feijóo a desbloquear as negociacións retributivas e a aplicar unha suba salarial digna para o colectivo docente

Por todo isto, o boletín de notas de Feijóo amosa unha conclusión evidente: precisa mellorar. En setembro, o presidente da Xunta terá unha nova oportunidade.

Reunión coa nova Ministra

Así e todo, Bermello valora de xeito positivo a predisposición da nova ministra de Educación a eliminar o decreto que aumenta a 20 horas o horario lectivo en Secundaria. A CIG prevé manter nas vindeiras datas un encontro con Isabel Celáa, no que instará ao Goberno central a lexislar sen “invadir” as competencias das CCAA.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego