O pasado xoves quixemos preguntarlle ao presidente da Xunta de Galicia polas protestas da veciñanza afectada pola reapertura do complexo megamineiro no Pino e Touro. Feijóo quixo restarlle importancia ás protestas veciñais ao tempo que trasladaba unha mensaxe de “tranquilidade”
Feijóo referiuse, esencialmente, ao “estricto” cumplimento da lei e aos “informes técnicos” que avalan o proxecto mineiro; mentres científicos e científicas vinculados á Sociedade Galega de Historia Natural advirten das “deficiencias e contradiccións” no estudo de impacto ambiental e advirten do enorme “perigo” para veciños e para o medio ambiente dun proxecto “altamente” contaminante.