O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo a preguntas de Nós Televisión asegurou descoñecer que proxectos e programas da Deputación de Pontevedra non contaban este ano coa aprobación da Xunta tal e como afirmaba onte na Estrada a presidenta desta institución, Carmela Silva. Deste xeito, Feijóo di descoñecer que axudas lle nega a Xunta á Deputación de Pontevedra.
Feijóo realizou estas declaración na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta en San Caetano. Ademais, na súa comparecencia tamén criticou con dureza a actitude do alcalde de Vigo, Abel Caballero, en relación co accidente do Marisquiño.