As cámaras de Nós Televisión estiveron esta mañá na sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo.
O discurso de Feijóo tratou diversas temáticas, entre ellas salientou innovación, sectores primarios, patrimonio ambiental e cultural, Terceira Idade, financiamento, emprego, economía e sanidade.
Un “convite” ao diálogo?
Feijóo dixo que estaría aberto ao diálogo cos partidos políticos da oposición, aínda así deixou varios recados a En Marea, PSOE e BNG.
A próxima sesión terá lugar o vindeiro xoves 10 de novembro coa intervención dos partidos políticos representados na Cámara.