“Feijóo preside unha Santa Compaña, non un Goberno”

En Marea fai un balance "moi negativo" do nivel de execución dos orzamentos do Estado e os da Xunta

O voceiro de En Marea, Luís Villares, acompañado do deputado Xosé Manuel Lago, denunciou este luns o “baixo nivel de execución” dos orzamentos do Estado para Galicia e os da propia Xunta. Nos últimos cinco anos, as partidas destinadas a este país polos Orzamentos Xerais do Estado seguiron unha tendencia descendente neste senso. Se en 2012 foi executado o 88% do prometido, en 2016 apenas acadou un 51%. “Neste período, o Estado estafou a Galicia máis de 2.400 millóns de euros”, resume Lago.

- Publicidade -

En Marea apunta que “o Estado estafou a Galicia máis de 2.400 millóns de euros”

A mesma situación acontece ao analizar os orzamentos da Xunta de Galicia, xa que o pasado ano ficaron sen executar arredor de 500 millóns de euros. Villares culpou disto ao presidente Núñez Feijóo, quen, baixo o seu punto de vista, “non preside un Goberno, senón unha Santa Compaña que non ten ideas nin proxecto de futuro para o país”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego