Feijóo: “Os problemas da Atención Primaria non son asunto da Comunidade de Galicia”

Feijóo expón que os problemas da AP son competencia do Estado e que o conflito das ambulancias é entre a empresa adxudicataria e os traballadores

“Os problemas da Atención Primaria non son asunto da Comunidade de Galicia“. Con estas verbas o Presidente da Xunta responde á nova da convocatoria dunha folga xeral na Atención Primaria en todo o territorio galego os días 9, 10 e 11 de abril.

Os motivos de Feijóo para esta afirmación son que as protestas no sector afectan a 13 Comunidades en todo o Estado e que “para as mesmas datas están convocadas folgas noutras tres“. En particular, trátase de Euskadi, Mucia e Aragón. Isto é polo que o problema escapa “ao ámbito territorial, de xestión e de responsabilidade” da Xunta, engade.

Aínda así, asegura que “todo o que se lles pediu está na contraproposta”, como cambiar o organigrama das Áreas de Xerencia, o orzamento en materia de Atención Primaria e solucionar a sobregarca de traballo. Alén diso, acábase de aprobara oferta púlica de emprego de 2019, que acollerá 1.314 prazas en materia de sanidade.

Outro sector da sanidade galega que tamén está a protestar contra a precariedade laboral que levan sufrindo varios anos é o das ambulancias. De igual xeito, “o conflito entre a empresa adxudicataria dos servizos de ambulancia e os traballadores”, explica o Presidente, “non é un conflito coa Xunta de Galicia“. A explicación recae no feito de que se trata dunha empresa privada, e dende o Goberno aseguran que a xustiza non deixa outra solución máis que agadar a que remate o contrato a finais de ano.

 

- Publicidade -