Feijóo: “O obxectivo principal é lograr neste congreso a unidade do partido”

Malia fracasar Cospedal, a aposta de Feijóo nas primarias do PP, o Presidente da Xunta non se quere ver como perdedor

O presidente do PP de Galicia evita revelar o seu voto, e salienta que as e os populares galegos non fixeron campaña por ningún dos candidatos ou candidatas. Deste xeito se expresou hoxe Feijóo ao tempo que desbotaba a proposta de candidatura única proposta por Soraya Sáenz de Santamaría.

A unidade do partido, debilitada trala celebración destas convocatoria de Primarias, é o asunto que máis preocupa hoxe na cabeza dun Feijóo que, tal e como alerta, pódese conseguir “antes, durante ou despois” do congreso que terá lugar en Madrid os vindeiros 20 e 21 de xullo.

- Publicidade -