Os votos do PP evitan que Feijóo compareza hoxe no Parlamento Galego para dar conta da xestión da vaga de incendios #LumesNuncaMais pic.twitter.com/DQX7SQkwQT
— Nós Televisión (@NosTelevision) October 17, 2017
O Partido Popular rexeitou hoxe a solicitude de comparecencia de Alberto Núñez Feijóo no Parlamento Galego para dar conta da xestión da vaga de incendios por parte da Xunta de Galicia. A petición, formulada pola Marea, PSdeG e BNG, contou cos votos negativos do conxunto de deputadas e deputados do PP que, pola contra, incorporou unha comparecencia da titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez.