Feijóo no Parlamento: “A señora Pontón está moi necesitada”

O Bloque difunde un vídeo co tenso momento vivido esta mañá no Parlamento Galego

Na Sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego, cando xa rematara a quenda de interpelación de Ana Pontón ao xefe do Executivo galego, replicaba ao portavoz parlamentario de En Marea: “A señora Pontón está moi necesitada, pero vostede está aínda máis”.

- Publicidade -

Ana Pontón: “É un comentario que destila machismo inaceptable”

“O señor Feixóo acaba de dicir no Pleno a señora Pontón está moi necesitada, é un comentario inaceptábel, que destila machismo repugnante e que retratada a súa catadura moral. Pedir desculpas é o mínimo ante unha faltada que atenta contra a dignidade das mulleres”, salientou a portavoz do Bloque tanto na Cámara como a través das súas redes sociais, onde está a recibir un apoio maioritario. Malia non pedir desculpas, uns segundos despois da desafortunada expresión, Feijóo pediu retirala do diario de sesión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego