O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitaba este martes a factoría de Larsa, en Outeiro de Rei, para dar conta da confianza do Goberno galego nas industrias lácteas como proba da súa aposta polo rural de calidade e a innovación. Nesta comparecencia ante os medios, o presidente insistiu en que “non se trata de ter moitas explotacións senón de ter as explotacións máis eficientes”. Unhas palabras que tocan directamente na ferida da precariedade que obrigou a pechar a milleiros de granxas. A día de hoxe hai unhas 7.500 en activo, unha décima parte comparado cos anos noventa e, segundo datos do Sindicato Labrego Galego, entre o 2015 e o 2017, pecharon 1.000 granxas.

- Publicidade -