O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denuncia un “retraso histórico” no sector industrial de Galicia potenciado polo goberno do Partido Popular. Acusa directamente á Xunta de non saber “arrimar o ombro” e non dar “solucións económicas” en momentos de crise.

- Publicidade -

 

Exemplo disto é o caso de Alcoa. Fronte a un Pedro Sánchez “que estivo cos traballadores”, segundo indicou Gonzalo Caballero, a Xunta tivo unha actitude “ausente e pondo atrancos”. A Alberto Núñez Feijóo tamén lle afeou a “estratexia avestruz” no caso da Valedora do Pobo, Milagros Otero, que continúa no cargo pese que unha sentenza avalada polo TSXG sostén que colocou a dedo a unha sobriña de Fraga Iribarne.

O secretario xeral do PSdeG reunirá este sábado en Compostela ao partido nunha Escola de Verán á que acudirán representantes socialistas co obxectivo de trazar estratexias de goberno progresistas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego