Feijóo: “existe unha actividade incendiaria evidente”

O Presidente da Xunta non dubida da intencionalidade detrás dalgúns dos incendios que azoutan Galicia esta semana, e aproveita para parabenizar aos operativos de extinción de incendios

O Presidente da Xunta fixo referencia ao “tempo seco” e “vento intenso” que favorecen a propagación da vaga de lumes que esta semana azoutan Galicia, pero quixo engadir que “existe unha actividade incendiaria evidente“. Signos delatores disto son os focos simultáneos (tres no incendio de Lousame, dous no Barco de Valdeorras e catro no de Ponteares) e a nocturnidade, porque “o 40% dos lumes se inciaron entre as 9h da noite e as 8h da mañán”.

- Publicidade -

Feijóo tamén quixo parabenizar os resultados do traballo dos operativos, xa que “o 60% dos lumes se extinguiron de xeito inmediato e pouco menos do 4% superaron as 25 hectáreas“, explicou.

Alén diso, comunicou que a Xunta “está a disposición das investigacións de Seprona” sobre a causa do incendio de Dodro-Rianxo, que xa calcinou máis de 1.300 hectáreas. A hipótese inicial é que a orixe foi unha chispa eléctrica, dato que no caso de confirmarse abriría a “posibilidade de trasladar a factura da extinción do incendio á empresa“.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego