Feijóo evita falar da grave situación da CRTVG e defende a xestión do director da compañía

BNG, PSdeG e En Marea reprochan a Feijóo a falta de "pluralidade" dos medios de comunicación públicos

Os medios de comunicación públicos continúan a súa incesante loita a prol da “pluralidade informativa”. A pasada semana, os xornalistas Alfonso Hermida e Tati Moyano anunciaron a súa decisión de abandonar o Telexornal Serán da TVG por “discrepancias coa liña informativa” do grupo.

- Publicidade -

Este mércores, os partidos da oposición cuestionaron ao presidente da Xunta a “independencia” da Televisión de Galicia.

A “grave” situación que atravesa a CRTVG

Pola súa banda, Núñez Feijóo evitou ofrecer respostas ante as críticas dos grupos da oposición e defendeu que o actual director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, foi escollido tras un acordo do Parlamento.

Así e todo, as batallas internas continúan dentro do grupo. O director da corporación recibiu onte máis de 500 sinaturas das e dos traballadores da radio e a televisión públicas, demandando a continuidade dos informativos locais na Radio Galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego