Feijóo evita aclarar o seu futuro

O presidente galego asegura que seguirá a cumprir a "axenda da Xunta" e non responde con claridade se ficará en San Caetano ou porá rumbo a Madrid

Trala dimisión de Mariano Rajoy como presidente do Partido Popular, o futuro de Alberto Núñez Feijóo está no aire. Este mércores, o presidente galego foi abordado polos medios de comunicación á súa saída do Parlamento e, preguntado acerca das súas aspiracións políticas, asegurou estar centrado unicamente na “axenda da Xunta”, xa que aínda non hai un congreso convocado polo PP.

- Publicidade -

Críticas da oposición

A falta de claridade nas verbas de Núñez Feijóo alerta aos partidos da oposición, que, no Pleno de hoxe, instaron ao dirixente a “decidir” o seu futuro e non empregar Galicia como “sala de espera” para coller o seu “voo” a Madrid. Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, considera que Feijóo representa “máis do mesmo” dentro da formación conservadora.

A repentina saída de Rajoy sitúa como favoritos para a sucesión os nomes de Soraya Sáenz de Santamaría, María Dolores de Cospedal e o propio Núñez Feijóo. Segundo a opinión de diferentes analistas da política de Madrid, o mandatario galego sería quen posúe máis “papeletas” para ocupar o posto.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego