Feijóo: «Estivemos traballando con Alcoa e nos últimos dez anos sempre atopamos solución»

O presidente da Xunta calificou o anuncio de peche de “mala noticia” e sacou o recurso dunha posible resposta conxunta con Asturias

A nova do anuncio do peche de Alcoa colleu a Alberto Núñez Feijóo reunido co alcalde de Santiago. A multinacional anunciou na mañá de hoxe o peche da súa fábrica na Coruña, con 400 traballadores; aos que xa se lles comunicou o despedimento colectivo.

- Publicidade -

O titular do Goberno galego insistiu en que “é unha mala noticia para Galicia e para Asturias e tamén para España” e recordou que o Goberno galego aposta pola defensa dunha reforma seria do sistema eléctrico para garantir a competitividade e o futuro da industria e dos empregos asociados. Neste sentido, puxo de manifesto que o actual Goberno central segue sen establecer o mecanismo que empregará o ano que vén para o sistema de interrompibilidade.

Críticas contra o goberno central

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reunirase esta semana co presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, para actuar de forma coordinada na defensa dos traballadores de Alcoa na Coruña e Avilés tras coñecerse a intención da empresa de pechar estas dúas factorías.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego