Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial, destaca a suba do PSOE, a baixada do PP e o debilitamento das Mareas neste novo escenario político que acaba de comezar. Mentras tanto, María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, explica que os resultados das europeas son un reflexo dos resultados das municipais. Ademais, Obelleiro tamén fai un balance dos resultados do BNG: unha suba xeral e unha baixada en Pontevedra, onde leva 20 anos afianzado. “Penso que esa baixada se debeu á campaña sucia de Ence, pero aínda así Lores logrou maioría”.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego